O París-Dakar do Entroido de Noia repartirá 7.000 euros en premios (no Venres de Piñata)

16 Febreiro 2025

O Concello de Noia compartiu o programa de actividades dos festexos locais do Entroido 2025, que comezan o luns 3 de marzo cunha festa infantil “chea de diversión” que incluirá unha actuación co músico galego ídolo da rapazada Paco Pakolas, con agasallos para as crianzas disfrazadas que demostren o seu talento choqueiro e con sorteos especiais. Será a partir das 17.00 horas no Pavillón de Deportes Alonso Rodríguez.

O mércores 5 de mazo, Mércores de Cinza, tamén será un dos días grandes do Entroido noiés, coa celebración do tradicional Enterro da Sardiña acompañado dunha ruada musical (amenizada pola comparsa Os Solfamidas) e culminado cunha chocolatada benéfica a favor de Cáritas (donativo de 1 euros). A saída do Enterro da Sardiña está programada para as 20.30 horas do Mércores de Cinza, dende O curro.

O Venres de Piñata (venres 7 de marzo) o Entroido de Noia chegará a outro dos seus puntos álxidos, coa celebración da XXXIX edición do Rally París Dakar, con saída da explanada de Labarta ás 21.00 horas, e cun percorrido que pasará polo Paseo Antón Avilés de Taramancos e as rúas Francisco Romero Blanco, Calvario e Rosalía de Castro. Está prevista a actuación da charanga BB+ e da disco móbil Chocolate. O desfile virá con mancheas de premios, cunha contía total de 7.000 euros a distribuír entre as propostas máis creativas das categorías individual, familias, comparsas e grupos.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...