O deporte e a saúde centraron a nova Xornada de Información Sociosanitaria de Outes

27 Febreiro 2025

Este xoves 27 de febreiro celebrouse unha nova sesión das XIX Xornadas de Información Sociosanitaria de Outes, baixo o epígrafe Deporte e saúde. Dita conferencia foi impartida polo doutor Adrián Dios Vicente, presidente da Agrupación Deportiva de Baloncesto Fontiñas e profesor-doutor na Facultade de CC Económicas e Empresariais da USC. A conferencia foi desenvolvida, como de costume, no salón de actos da Casa da Cultura da Serra de Outes, baixo unha asistencia de mais de 150 persoas. A coordinación correu a cargo do doutor. Xosé Mª Dios Diz, médico especialista de Atención Primaria de Outes. Ao final do acto, o relator foi agasallado con unha figura de artesanía feita polos usuarios de ADISBISMUR Valadares (Outes).

A vindeira conferencia vai a ser o 27 de marzo de 2025 coa conferencia Proxecto Xenoma impartida polo doutor Anxo Carracedo Álvarez, director da Fundación de Medicina Xenómica (SERGAS) e do grupo de Medicina Xenómica (USC).

Máis actividades do ciclo

A axenda da 19 edición das Xornadas cubrirá os meses comprendidos entre outubro de 2024 e maio de 2025 e incluirá un completo programa de conferencias e coloquios sobre as máis diversas cuestións, cada xoves de cada mes ás 18.30 horas na Casa da Cultura de Outes.

O programa está novamente coordinado polo doutor Xosé María Dios Diz, médico especialista de Atención Primaria de Outes, coa colaboración do Concello (Centro Social), da Universidade de Santiago (USC), da asociación inclusiva ADISBISMUR e da Asociación Cultural Terra de Outes, e tamén da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago.

Como dixemos a seguinte cita será o 27 de marzo, cando as xornadas poñan o foco no Proxecto Xenoma, a cargo do doutor Anxo Carracedo Álvarez, coordinador do Grupo de Medicina Xenómica da Universidade de Santiago de Compostela.

O 10 de abril celebrarase a conferencia Enfermidades abdominais. Calidade de Vida, da man do doutor Manuel Barreiro de Acosta, da Unidade de Enfermidades Inflamatorias Intestinais do CHUS.

A clausura das xornadas celebrarase o 29 de maio, con Envellecemento saudábel, a cargo de Xosé María Dios Diz, médico especialista de AP de Outes.

A organización das xornadas pregan confirmar asistencia e reservar praza a través do teléfono 981 850 575.

Outros artigos

Ribeira premia os comercios mellor decorados na XIX edición de Artemar

A votación popular recoñeceu a ambientación mariñeira d’O Bazar de Álvaro, Iluminación Lijó e A Recoveira. Premio Recoveira O Concello de Ribeira fixo entrega dos galardóns correspondentes ao Concurso de Decoración de Establecementos, enmarcado dentro da décimo novena...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

Puedo continuar afirmándolo porque lo veo con toda claridad, después de haber estado siempre atento a lo que sucedía. Sí, aunque otros de quienes cabría esperar que estuvieran comprometidos en ello no hayan respondido adecuadamente, yo he estado siempre inmerso en lo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.