O Concello de Rois convoca o concurso de carteis para as Festas de Santo Isidro Labrador 2025

12 Febreiro 2025

O Concello de Rois abre a convocatoria para o concurso de carteis das Festas de Santo Isidro Labrador 2025, unha iniciativa que busca fomentar a creatividade e a participación veciñal, ademais de contribuír á promoción desta celebración tradicional.

O certame está dirixido a persoas que teñan cumpridos os 14 anos antes do 31 de decembro de 2024, permitíndolles presentar ata dous traballos. As propostas deberán ter formato vertical e tamaño A3, incorporando obrigatoriamente a inscrición “FESTAS DE S. ISIDRO LABRADOR 2025” de maneira visíbel.

Nas bases faise saber que as técnicas de deseño son libres, pero os carteis deben reflectir o espírito das festas patronais de Rois. Poderán presentarse en formato dixital a través do correo inscricions@rois.gal ou de maneira física (no Concello de Rois, con enderezo no Lugar de Samil 1, Oín. CP 15911 Rois (A Coruña), montados sobre cartón pluma, na sede do Concello de Rois. En caso de envío postal, deberase incluír un selo de Correos coa data de envío como xustificante de prazo.

O prazo para a recepción de traballos estará aberto ata o venres 11 de abril de 2025 ás 14:00 horas. O xurado, composto por expertos no ámbito da arte e do deseño, valorará a calidade artística, a idoneidade como cartel e a capacidade de representación da festividade.

O cartel gañador converterase na imaxe oficial das festas e o seu autor ou autora recibirá un premio de 200 euros. Ademais, o traballo premiado pasará a ser propiedade do Concello de Rois, podendo ser reproducido e difundido en distintos soportes de comunicación.

As bases completas e os formularios de inscrición están dispoñíbeis na páxina web municipal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.