O Concello de Noia informou de novas frontes de traballo a prol do mantemento, a limpeza e a posta a punto dos espazos verdes dos diferentes núcleos do municipio.

Nas últimas semanas a Concellería de Parques e Xardíns que coordina Ana García traballou na roza e máis no acondicionamento dos núcleos de A Chaínza, a Ponte de San Francisco, a contorna do IES Campo de San Alberto e máis Santa Cristina.

O Concello explicou que o obxectivo é “manter os espazos públicos en boas condicións, garantindo a súa limpeza e seguridade para todos os veciños”.




