O Concello de Lousame conmemorará o Día de Rosalía cuns obradoiros culturais gratuítos para a rapazada

17 Febreiro 2025

O Concello de Lousame conmemorará o Día de Rosalía, que se celebra este domingo 23 de febreiro, cuns obradoiros culturais para a rapazada. Uns talleres dirixidos a nenos e nenas de entre os 6 e os 14 anos de idade nos que se elaborarán pandeiretas de cartón e marcapáxinas inspiradas na poetisa galega. Os obradoiros terán lugar na Casa da Cultura lousamiá o domingo 23 de febreiro, de 17:00 a 19:00 horas.

A Concellería de Cultura convoca un total de 20 prazas. As inscricións estarán abertas en Bandoticket dende este 17 de febreiro ata o 20 de febreiro unicamente para veciños e veciñas empadroados en Lousame. No caso que quedar algunha praza libre, abriríase do 21 ao 22 de febreiro un segundo prazo de inscrición para persoas non empadroadas no municipio.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.