O Concello de Boiro recibe da Deputación unha subvención para financiar os gastos do persoal técnico do departamento de cultura

12 Febreiro 2025


O Concello de Boiro recibe da Deputación da Coruña unha subvención por importe de 15.000 euros para financiar gastos de persoal técnico nos servizos municipais de cultura en 2025. O importe da subvención concedida vaise destinar a financiar os gastos de mantemento do persoal técnico que desenvolve as súas funcións no departamento.

O Concello de Boiro lembra que conta cun departamento de Cultura que se ocupa de “deseñar, programar e impulsar actividades no municipio que favorezan a promoción e difusión da programación cultural”. Ademais elabora propostas de programas propios como axendas culturais para todo o ano e tamén en datas específicas como o Entroido, Letras Galegas, Festas do Verán, Nadal… A Administración local tamén dispón de equipamentos culturais nas distintas parroquias do municipio, “polo que se trata dun servizo descentralizado que leva a axenda local de actividades aos distintos centros socioculturais”, explican fontes do Consistorio, engadindo que o departamento de Cultura xestiona asemade “as distintas salas de exposicións dos centros e tamén a xestión dos salóns de actos e aulas nos que entidades e colectivos desenvolven programacións propias”.

A Casa da Cultura de Boiro

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...