O Club Arqueiros do Barbanza organiza este domingo na Pobra unha quedada “Wild West” de tiradoras e tiradores

20 Febreiro 2025

O vindeiro domingo, 23 de febreiro, o Club Arqueiros do Barbanza vai organizar no Polideportivo da Tomada da Pobra do Caramiñal un campionato de nivel autonómico: o Trofeo de Entroido.  O Club  Arqueiros do Barbanza festexará o Entroido, coa competición Wild West. Alí, arredor de 50 indios e vaqueiros de toda Galicia poderán probar a súa puntería nun percorrido de 3D Indoor, formado por 24 propostas de tiro, a dianas volumétricas. A competición comezará ás 10 da mañá e prolongarse ata o mediodía. Esta proba, servirá de quecemento para o inicio da Liga Autonómica de Percorridos de Bosque 3D que comezará o vindeiro 1 de marzo. O evento conta co patrocinio da empresa local CONGALSA,

Outros artigos

Volve o programa Rianxo Termal con tres novas saídas

O Concello de Rianxo, a través da Concellería de Política Social, organiza unha xeira de tres novas saídas ás Termas de Cuntis nos meses de outubro, novembro, decembro destinadas a persoas maiores de 50 anos empadroadas no noso municipio. As saídas encádranse na nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.