O BNG reclama ao Goberno rectificar a decisión de reducir o consumo de peixe nos comedores escolares

06 Febreiro 2025

Representantes do Bloque Nacionalista Galego mantiveron unha reunión con Isabel Cañas e Antonio Recuna, de CONXEMAR, para trasladar as iniciativas que vén de rexistrar en favor dos intereses do sector pesqueiro galego. No concreto, Néstor Rego, Carmela González e Rosana Pérez fixeron fincapé “na necesidade de que o Ministerio de Consumo rectifique a súa posición e modifique o proxecto de Real Decreto que recomenda a redución nas racións de peixe semanais nos comedores escolares” por entender que “se trata dunha decisión que non ten en conta as especificidades do noso país” e que “prexudica non só o sector pesqueiro senón tamén o obxectivo dunha alimentación saudábel e balanceada”. O peixe, sinalaron, “é parte básica da nosa dieta e constitúe o incentivo da economía local”.

As intencións do actual responsábel da carteira de Consumo, reveladas en recentes declaracións, son as de recomendar a redución do consumo de peixe, o que limitaría a unha pauta de entre unha e tres racións semanais. “Isto colide coas propias recomendacións da Axencia de Seguranza Alimentar e Nutrición (AESAN) -dependente do mesmo ministerio- que falan de entre 3 e 5 racións e cos estudos da Autoridade Europea de Seguranza Alimentar”, sinalou o deputado nacionalista no Congreso .

Ademais, engade a fronte nacionalista, o Real Decreto supostamente “apostará polos circuítos de produción a pequena escala e os alimentos de proximidade, incentivando as economías locais e a sustentabilidade, medida que, cando menos no caso da Galiza, pasa necesariamente por recuperar e incrementar o consumo de peixe e produtos do mar, algo que vai dificultar o Ministerio ao propor unha pauta de entre 1 e 3 racións”.

“É paradoxal recomendar alimentos de proximidade e despois limitar o consumo de peixe cando na Galiza os produtos do mar son parte esencial da cesta da compra e das economías locais”, subliñou Néstor Rego, engadindo que “o Ministerio de Consumo debería rectificar esta intención e modificar a pauta para o consumo de peixe nos comedores escolares”.

Así mesmo, a deputada no Parlamento da Galiza, Rosana Pérez, anunciou o rexistro dunha nova iniciativa para que a Administración galega se dirixa ao Goberno do Estado instándoo a rectificar. Pola súa parte, a deputada Carmela González sostivo que a Xunta debe garantir que se cumpran as pautas estabelecidas, o que até agora non sempre acontece, para garantir unha alimentación de calidade ás crianzas galegas.

Apoio do BNG para baixar o IVE do peixe a 0%

A organización nacionalista tamén traslada á representación de Conxemar as reiteradas iniciativas presentadas nas institucións onde ten representación para reclamar que o peixe e os produtos do mar teñan unha redución do IVE a 0%, tal e como demanda o propio sector. “O peixe ten un IVE superior se o comparamos con outros produtos alimentarios básicos. Un tipo impositivo que dificulta o acceso a unha alimentación de calidade a moitas familias” enfatiza Rosana Pérez.

“O BNG seguirá a reclamar a redución ao IVE do 0% porque entendemos que é unha medida que favorecerá o consumo e o incremento das vendas, beneficiando á saúde das persoas e ao sector” acrecenta Carmela González.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...