O BNG esixe no Parlamento accións urxentes para recuperar as rías galegas

25 Febreiro 2025

A deputada do BNG, Rosana Pérez, reclamou no Parlamento galego a creación, no prazo dun mes, dunha comisión de estudo integrada por expertos para analizar as causas da crise no sector marisqueiro e a perda de produtividade das rías galegas. Durante o Pleno deste martes, Pérez advertiu que “levamos demasiado tempo perdido” e urxiu a tomar medidas concretas para reverter a situación.

A nacionalista lembrou que en maio de 2024 o BNG propuxo ao PP a presentación dun cronograma, en igual prazo dun mes, así como partidas orzamentarias para un plan plurianual de recuperación das rías. Finalmente, trala aceptación dunha emenda do PP, acordouse presentar dito cronograma antes de final de 2024.

“Estamos en 2025 e non presentaron absolutamente nada”, denunciou Pérez, subliñando que é urxente actuar e que “non vale con que estean preocupados polo sector”, en referencia ás declaracións recentes do presidente da Xunta, quen admitiu a necesidade dun esforzo económico para garantir a viabilidade do marisqueo.

A deputada defendeu que “o sector segue a ser viable” malia a crise, pero criticou a política pesqueira e marisqueira do PP nos últimos 15 anos. Ademais, instou ao presidente Rueda a pasar das palabras á acción, lembrando que só en 2024 se perderon 222 Permex (Permisos de Explotación a Pé) e que o sector leva 17 anos demandando un protocolo de baleirado de encoros sen resposta por parte do PP.

Pérez denunciou que o Partido Popular ignorou demandas históricas, como a creación dun seguro de produción marisqueira similar ao existente na Consellería de Medio Rural, ou a posta en marcha de sementeiras públicas ou mixtas para paliar o déficit de semente, apostando en troques pola importación masiva.

A moción presentada polo BNG, que foi rexeitada polos votos do PP, propoñía que, ademais da creación da comisión de estudo, a Xunta establecese un plan de acción inmediato con dotación orzamentaria e compromiso financeiro a cinco anos para a recuperación do sector. Tamén instaba a protexer economicamente os traballadores afectados mentres se implementaban as medidas.

Na súa intervención final, Pérez acusou ao PP de “incoherencia” polas contradicións entre os discursos do deputado popular Miguel Fidalgo, o conselleiro de Pesca e o presidente da Xunta. “A quen cremos dos tres?”, preguntou, e reclamou explicacións sobre a ausencia da comisión de estudo e do “famosísimo Plan de Competitividade”, que o BNG solicitou hai case un ano. “O plan, ademais de inexistente, é o gran bulo do Partido Popular”, concluíu.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.