Manifestación de “Queremos Galego” en defensa do idioma o 23 de febreiro

10 Febreiro 2025

O vindeiro domingo, 23 de febreiro, a plataforma Queremos Galego convoca unha manifestación en defensa da lingua galega. A mobilización partirá desde a Alameda de Santiago de Compostela e rematará na Praza do Obradoiro.

Para facilitar a participación, haberá autobuses gratuítos desde a comarca do Barbanza, financiados pola Mancomunidade Barbanza/Arousa Norte. O traxecto e os horarios das paradas son os seguintes:

  • 10:00 h – Ribeira (parada de autobuses)
  • 10:15 h – A Pobra do Caramiñal (zona dos Xardíns)
  • 10:30 h – Boiro (diante do Concello)
  • 10:45 h – Rianxo (rotonda de Té)

As persoas interesadas en reservar praza poden facelo previamente a través do teléfono 654 697 768 ou nos correos electrónicos barbanza@queremosgalego.gal e xoseagreloromeu@gmail.com.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.