Heredeiros da Crus presentan “De-Nunzia-nos” segundo sinxelo do seu novo álbum, “Tranquimasin”

07 Febreiro 2025

A banda barbanzá Heredeiros da Crus, referentes do panorama rockeiro en galego e abandeirados do movemento bravú, regresan este mes de febreiro cun novo single que marca outro fito na súa carreira, De-Nunzia-nos, que podemos escoitar xa nas plataformas e que se suma ao primeiro single extraído do novo LP, Convensido. Con este tema, cunha colaboración única coa cantante italiana Nunzia Giannotta, os Heredeiros buscan dar “unha volta á súa esencia coa mestura de irreverencia e diversión que os caracteriza desde sempre”.

O sinxelo é o segundo adianto de Tranquimasin, o próximo traballo da banda que chegará o 21 de febreiro acompañado de sorpresas especiais para os seus seareiros. O álbum contará con doce temas (“12 miligramos de pura adrenalina”) que comparten o obxectivo de seguir mantendo viva, e alentando, a conexión co público que levan cultivando ao longo de máis de tres décadas. A edición física verá a luz nunha data posterior.

Nas súas palabras, De-Nunzia-nos ten “o noso son inconfundíbel e mestúrao cunha interpretación que reflicte tamén a retranca que sempre foi a marca da casa”.

A publicación de Tranquimasin abre tamén o camiño para unha xira. Entre as datas xa confirmadas, destacan citas como o Resurrection Fest en xuño, o Silfest en xullo e o Revenidas en setembro.

Con máis de trinta anos de traxectoria, Heredeiros da Crus segue sendo un símbolo do rock feito en Galicia, ofrecendo temas que conectan con xeracións enteiras.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.