Falece unha muller e outra resulta ferida de gravidade nunha colisión de dous vehículos en Ames

06 Febreiro 2025

Dúas persoas foron excarceradas logo de colidir dous coches en Ames eran as condutores de cada vehículo.

O primeiro aviso que chegou ao 112 Galicia foi arredor das 14:00 horas. A través del informouse dun choque frontal no quilómetro 6 da AC-544, con persoas feridas e atrapadas no interior dos turismos.

Sen agardar, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia compartíronse os datos do suceso co Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou ata o punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, cos Bombeiros de Santa Comba e os de Boiro, co GES de Brión, coa Garda Civil de Tráfico e coa Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Ames.

As dúas vítimas, que segundo os servizos de emerxencia na zona atopábanse feridos de gravidade logo do impacto, foron excarceradas polos membros do GES de Brión para que posteriormente fosen atendidas polo persoal sanitario.

ACTUALIZACIÓN: Os servizos de emerxencias confirmaron o falecemento dunha das condutoras implicadas.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.