Éxito de participación no curso gratuíto de Patrón/a de Embarcacións de Lecer impulsado polo Concello do Son

14 Febreiro 2025

O curso de balde de Patrón/a de Embarcacións de Lecer (PEL), unha iniciativa posta en marcha polo Concello de Porto do Son, está a ter unha gran acollida nestes primeiros días de aprendizaxe. A formación, dirixida a persoas maiores de 18 anos, conta ademais cunha notoria presenza de alumnas, segundo salientou o Concello, engadindo que grazas a esta actividade as e os asistentes recibirán clases teóricas de navegación, así como prácticas de navegación e radio. O curso terá unha duración de 3 meses e rematará o 13 de maio.

As clases teóricas estanse a levar a cabo os martes, en horario de 19:00h a 22:00 h, no Edificio de Actividades Náuticas de Porto do Son (na fachada marítima). Todas as persoas participantes recibirán prácticas de navegación (16h) e de radio corto-alcance (12h).

Para a obtención da titulación oficial de Patrón/a de Embarcacións de Lecer (PEL) as persoas participantes deberán asistir ás clases teóricas de navegación, superar as prácticas de navegación, superar as prácticas de radio corto-alcance e, por último, superar o exame oficial de Patrón/a de Embarcación de Lecer (Xunta de Galicia).

O alcalde, Luis Oujo, celebrou “a gran acollida que está a ter esta iniciativa que busca fomentar a formación entre a nosa veciñanza e que as persoas participantes poidan adquirir coñecementos e habilidades novas”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Adivinado la profesión”. Manuel Dominguez

“Adivinado la profesión”. Manuel Dominguez

Cierto día un residente y yo nos trasladamos a la capital del imperio, es decir Madrid. Un placentero viaje en tren Al acercarnos a Castilla un hermoso manto de oro embellecía el paisaje, es decir campos de trigo, que tocaban el cielo, hermoso paisaje. Mas allá, me...

“Recado de escribir para Álvaro Mutis”. Alberto Barciela

“Recado de escribir para Álvaro Mutis”. Alberto Barciela

Hasta Cartagena de Indias llegaremos para “entregar ciertos mensajes, disolver ciertas frágiles certezas y dejarnos en el desamparo de inconfesables perplejidades”. Ojalá nuestras palabras, los abrazos en el reencuentro fraternal nos permitan, como la insistente...