Educateatro levará a Rianxo a súa revisión musical de Pinocho

14 Febreiro 2025

O Auditorio Municipal de Rianxo vai dar acollida o vindeiro 22 de febreiro, a partir das 19.00 horas, á representación da peza de teatro musical infantil O mundo máxico de Pinocho, a cargo da compañía de Educateatro. Trátase dunha función escénica que combina a maxia, o teatro e a música. A entrada será de balde até completar capacidade. A retirada de convites na billeteira cómpre facela no Auditorio dende unha hora antes do comezo da función (máximo 2 por persoa). Duración: 60 min. Público familiar.

Proposta ao abeiro do programa Rede Cultural 2024 da Deputación da Coruña.

Sinopse: En O mundo máxico de Pinocho, o público atoparase cunha curiosa adaptación ao teatro musical do clásico de Carlo Collodi. Unha historia contada a través dos ollos de Pepiño Grilo, que xunto coa Fada Mimadriña, Raposo e Gato acompañará a Pinocho no camiño de converterse nun neno de verdade. Un camiño que comeza no taller de Gepetto, e que pasará pola escola, por un circo de monicreques onde un malvado titiriteiro intentará raptalo e ata pola barriga dun peixe xigante. Todo para que o protagonista aprenda que dicir mentiras ten as súas consecuencias.

Outros artigos

Ribeira organiza unha charla sobre compostaxe doméstica e comunitaria

O Concello de Ribeira organiza a charla Compostaxe doméstica e comunitaria, unha actividade que busca achegar á veciñanza as claves para transformar osresiduos orgánicos en compost e darlles unha segunda vida. A cita será o mércores 21 de outubro, ás 19:30 horas, no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.