Galicia quedará este domingo 23, San Policarpo, transitoriamente baixo a influencia das altas presións situadas ao sur da península Ibérica, o que traerá un réxime de ventos do sur con aire cálido e húmido. Como consecuencia, a xornada comezará con néboas nos vales do interior e ceos con alternancia de nubes e claros en xeral.
Nas zonas da Costa da Morte, Muros-Noia e Barbanza, as nubes baixas serán predominantes, con posibilidade de orballos ao final do día. As temperaturas mínimas rexistrarán un lixeiro descenso, mentres que as máximas experimentarán unha subida entre lixeira e moderada.
Os ventos soprarán do sur-suroeste con intensidade moderada, aínda que entre Fisterra e Bares alcanzarán forza forte.

O noso mar: Vento do sur á mañá e á tarde e do sur á noite, forza 4 a 5 á mañá e á tarde e 5 a 6 á noite. Forte marusía. Visibilidade boa á mañá e á tarde e regular á noite. Mar de fondo do oeste á mañá e á tarde e noroeste á noite, con ondas de 2.5 a 3.5 metros á mañá, 2.5 a 3 metros á tarde e 3 a 4 metros á noite.
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)
- Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
- Praia de Balieiros directo- Corrubedo
- Praia da Ladeira directo- Corrubedo
- Praia das Furnas directo. Porto do Son
- Praia Aguieira directo.Porto do Son
- Portosín. Porto do Son
- Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
- Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
- Centro Náutico do Freixo
- Praia de Carnota
- Praia de Corón Vilanova de Arousa
- O Grove



