Brión homenaxea a Rosalía ao ritmo das campás de Bastavales, coa voz da noiesa Esperanza Mara e lecturas de poemas da veciñanza

24 Febreiro 2025

A Igrexa parroquial de San Xulián de Bastavales (Brión), de gran significado e presenza na obra poética de Rosalía de Castro, acolleu esta fin de semana a tradicional ofrenda floral do Concello de Brión a Rosalía de Castro, que este ano incluíu o espectáculo artístico musical Ao son das campás de Rosalía, con Esperanza Mara, unha actividade que reuniu a preto dun centro de persoas na tarde do pasado sábado 22 de febreiro, véspera do aniversario (o 188) da poeta.

Tras o repicar das famosas campás de Bastavales, a concelleira de Cultura, Sandy Cebral, foi a encargada de dar a benvida aos presentes recitando uns versos de Rosalía e agradecer o traballo de todas as persoas que fixeron posíbel a programación especial do Mes de Rosalía no Concello de Brión. Ademais, referiuse ao debate sobre se realmente a poetisa chegou a escoitar estas campás: “Hai quen asegura que o seu poema procede dun retrouso popular que a escritora recolleu. Outras persoas din que as coñeceu en Santiago, a través dos relatos dun sacerdote de Bastavales. Se me preguntades a min, eu penso que si que as escoitou cando era unha nena e pasaba días na casa que a súa familia tiña en Soigrexa, xusto aquí enfronte”.

Acto seguido, o alcalde de Brión, Pablo Lago, e a concelleira de Servizos Sociais, Rosa Romero, realizaron a tradicional ofrenda floral á escritora, á que se sumaron moitos de veciños e veciñas asistentes. Unhas persoas que foron tomando tamén a palabra para dar lectura a distintos fragmentos da obra rosaliana.

As lecturas deron paso á experiencia musical e artística da soprano noiesa Esperanza Mara, quen tocou diferentes campás ao tempo que cantou nove fragmentos de poemas de Rosalía de Castro, combinados con cores e datos que facían referencia ás emocións da escritora á hora de escribir esas pezas. Unha escolma que culminou, como non podía ser doutro xeito, coa lectura de Campanas de Bastavales.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.