Ambar, premiada na III convocatoria das axudas de Fogares Dignos de Leroy Merlín

24 Febreiro 2025

Ambar foi unha das entidades gañadoras na terceira convocatorias das axudas Fogares Dignos de Leroy Merlín, programa de apoios dirixidos a entidades sen ánimo de lucro co propósito de reformar e acondicionar espazos onde conviven persoas en risco de exclusión social. Leroy Merlín entregou 400.000€ repartidos en 21 axudas para os proxectos escollidos entre un total de 213 proxectos que foron presentados nesta convocatoria. Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional, con sede no Barbanza (en Frións, Ribeira).

As 21 entidades gañadoras foron: Fundación Mifas, Cáritas Bilbao, Asociación Ambar, Aspanaes, Cáritas Zamora, Fundación Menudos Corazones, Fundación Down Compostela, Fundación San Ezequiel Moreno, Fundación Hermanos Obreros de María, Fundación Acescam, Fundación Nuestra Señora De Manjavacas, Expoacción, Residencia y Centro de día Glorieta de San José, Fundación Amés, Aspainas Burgos, Residencia de ancianos Virgen del Martirio, CESAL, Arrels Fundació, CEAR, Fundación Síndrome de Down Madrid e Asociación Nacional Novo Futuro.

Ambar gañou presentando DiVerde: proxecto de acondicionamento do xardín sensorial. O proxecto DiVerde ten como obxectivo o acondicionamento do xardín sensorial, unha zona verde onde as plantas e elementos están deseñados para crear estímulos sensoriais táctiles, visuais, auditivos, olfativos e gustativos, para promover o desenrolo cognitivo e psicomotriz de persoas con diversidade funcional, actualizando o xardín actual que se deteriorou co paso dos anos.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...