A XXXIX edición do Rally París Dakar culminará o Entroido de Noia logo da festa infantil do luns e do Enterro da Sardiña, o mércores

28 Febreiro 2025

Comezou a conta atrás para as actividades do Entroido 2025 de Noia e as concelleiras Beatriz Rosende e Laura Salgado presentaron ante os medios de comunicación todas as propostas do Concello para festexalo. Segundo confirmaron, unha das actividades estrela será (o Venres de Piñata, 7 de marzo) o mítico Rally París-Dakar, cuxo prazo de inscrición segue aberto ata o 4 de marzo.

Os festexos organizados polo Concello arrincan o luns 3 de marzo cunha festa infantil “chea de diversión” que incluirá unha actuación co músico galego ídolo da rapazada Paco Pakolas, con agasallos para as crianzas disfrazadas que demostren o seu talento choqueiro e con sorteos especiais. Será a partir das 17.00 horas no Pavillón de Deportes Alonso Rodríguez.

O mércores 5 de mazo, Mércores de Cinza, tamén será un dos días grandes do Entroido noiés, coa celebración do tradicional Enterro da Sardiña acompañado dunha ruada musical (amenizada pola comparsa Os Solfamidas) e culminado cunha chocolatada benéfica a favor de Cáritas (donativo de 1 euros). A saída do Enterro da Sardiña está programada para as 20.30 horas do Mércores de Cinza, dende O curro.

Como dixemos, no Venres de Piñata (venres 7 de marzo) o Entroido de Noia chegará a outro dos seus puntos álxidos, coa celebración da XXXIX edición do Rally París Dakar, con saída da explanada de Labarta ás 21.00 horas, e cun percorrido que pasará polo Paseo Antón Avilés de Taramancos e as rúas Francisco Romero Blanco, Calvario e Rosalía de Castro. Está prevista a actuación da charanga BB+ e da disco móbil Chocolate. O desfile virá con mancheas de premios, cunha contía total de 7.000 euros a distribuír entre as propostas máis creativas das categorías individual, familias, comparsas e grupos.

Outros artigos

Alerta laranxa o sábado con risco de treboadas sobre todo no interior

Activada este sábado a alerta laranxa ante a previsión de intensas tormentas e precipitacións que afectarán principalmente ao noroeste e ao interior da provincia da Coruña. Segundo os datos facilitados pola Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), o aviso activarase a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.