A Cámara de Santiago e Noia Histórica mostran as novidades sobre factura electrónica

04 Febreiro 2025

A Cámara de Comercio de Santiago segue promovendo, a través do Programa Acelera Peme, o impulso da dixitalización e a seguridade xurídica dos pequenos e medianos empresarios coa organización de dúas novas xornadas formativas clave para o futuro das pequenas e medianas empresas e das persoas autónomas.

A primeira xornada, Medidas legais para protexer o meu negocio en Internet, será o 11 de febreiro, a partir das 10.00 horas, centrarase en proporcionar ao empresarios as ferramentas necesarias para protexer os seus negocios online fronte a posíbeis riscos legais. Ramón Rey, director de Castelao Abogados (bufete centrado nos dereitos de autor, a propiedade industrial e o dereito dixital) e profesor de Xestión de Dereitos de Propiedade Industrial en UNIR, ofrecerá claves sobre a normativa vixente, o cumprimento da Lei de Protección de Datos e as melloras prácticas para asegurar a seguridade xurídica no entorno dixital.

A segunda xornada, convocada en colaboración coa oficina Acelera Peme e a Asociación de Comerciantes e Profesionais de Noia Histórica, celebrarase o 19 de febreiro, a partir das 10:00 horas baixo o epígrafe O último sobre a factura electrónica en España: Lei Antifraude (Veri Factu) e Lei Crea e Crece. Nesta sesión profundarase nos cambios lexislativos que afectan á facturación electrónica e como as pemes poden adaptarse ás novas exixencias. Os participantes coñecerán, da man de Daniel Cerqueiro, CMO de Docuten, empresa especializada en sinatura dixital e facturación electrónica, os detalles da nova Lei Antifraude, que introduce a obrigatoriedade da factura electrónica en determinadas operación, e a Lei Crea e Crece, que facilita a dixitalización e a xestión empresarial.

Ambas xornadas están deseñadas para proporcionar aos empresarios os coñecementos necesarios para ampliar coas normativas legais e optimizar a xestión do seu negocio no entorno dixital. Estas accións formativas son de balde e telemáticas, previa inscrición na web da Cámara, e están abertas a odas as pemes e persoas autónomas interesadas en mellorar a súa competitividade e adaptarse aos novos retos tecnolóxicos e regulamentarios.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...