A axenda do 8M en Noia vén con lecturas colectivas, obradoiros e unha función teatral para a rapazada

28 Febreiro 2025

O Concello de Noia, a través do Centro de Información á Muller (CIM) e a Concellería de Servizos Sociais, elaborou este ano un completo programa de actividades para celebrar o Día Internacional da Muller, este 8 de marzo.

Será unha axenda participativa que inclúe actividades programadas para o mes de marzo pero tamén para o mes de abril.

A celebración comezará, precisamente, o sábado 8 de marzo, coa lectura dun manifesto institucional e unha Andaina pola Igualdade con saída e chegada na praza do Concello.

Pola tarde, a partir das 16.30 horas do 8 de marzo, celebrarase unha sesión de papaventos pola igualdade, na praza do Tapal.

As actividades proseguen o 20 de marzo cun obradoiro de risoterapia.

Ademais, entre o 26 e o 28 de marzo celebrarase un obradoiro de xabóns medicinais.

A axenda rematará o 1 de abril cunha peza teatral dirixida ao alumnado de Secundaria do concello de Noia. Representará a obra Golpes, da compañía aAntena e protagonizada pola actriz galega Estíbaliz Veiga, que pon en escena un relato cru e directo polo cotiá das accións de como unha moza vai cedendo nunha relación desigual ata irse atopando fóra da súa personalidade. Trátase dunha peza que afonda dun xeito directo e fuxindo do tráxico en como nas accións máis cotiás nace o “golpe” da desigualdade e chega á violencia machista.

As inscricións para participar nestas actividades do CIM haberá que facelas a través do teléfono 981 828 001.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...