Este xoves, Galicia continuará baixo a influencia dun réxime de ventos do suroeste, que traerán ceos maioritariamente nubrados e un ambiente especialmente húmido. Os chuvascos serán máis frecuentes e intensos durante a mañá, pero tenderán a remitir co paso das horas.
En canto ás temperaturas, non se prevén cambios significativos, mantendo valores suaves e cunha oscilación térmica mínima entre o día e a noite.
O vento soprará de forma moderada do suroeste, con refachos máis fortes especialmente no litoral e nas zonas altas. Recoméndase precaución ante posibles condicións meteorolóxicas adversas nestas áreas.

O noso mar: Vento do sudoeste á mañá e á tarde e do sur á noite, forza 3 a 4 á mañá e 4 a 5 á tarde e á noite. Marusía á mañá e forte marusía á tarde e á noite. Visibilidade regular á mañá e á noite e mala á tarde. Mar de fondo do oeste, con ondas de 4 a 5 metros á mañá e á tarde e 3.5 a 4.5 metros á noite.
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)
- Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
- Praia de Balieiros directo- Corrubedo
- Praia da Ladeira directo- Corrubedo
- Praia das Furnas directo. Porto do Son
- Praia Aguieira directo.Porto do Son
- Portosín. Porto do Son
- Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
- Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
- Centro Náutico do Freixo
- Praia de Carnota
- Praia de Corón Vilanova de Arousa
- O Grove



