Xoves 30, xornada de transición con entrada de altas presións en forma de cuña. Os efectos de Ivo aínda se notarán na primeira metade da xornada.

29 Xaneiro 2025

Este xoves viviremos unha xornada de transición marcada pola entrada das altas presións que traerán cambios nas condicións meteorolóxicas ao longo do día. A mañá comezará con ceos nubrados e chuvascos, especialmente na metade este, onde serán máis probables. As precipitacións terán maior intensidade nas primeiras horas do día.

A medida que avance a xornada, pola tarde, aínda poderán producirse algúns chuvascos ao norte, pero o resto do territorio experimentará unha tendencia á apertura de claros. A cota de neve situarase nos 900 metros durante a mañá.

En canto ás temperaturas, as mínimas manteránse estables, mentres que as máximas sufriron un lixeiro descenso con respecto aos valores das xornadas anteriores. No que respecta ao vento, pola mañá soprarán fortes compoñentes do norte no litoral, con intensidade moderada no resto do país. Ao longo do día, o vento cambiará a suroeste de forma máis frouxa.

Este escenario meteorolóxico deixará unha xornada algo variable, pero con melloría nas horas finais do día.

meteogalicia

O noso mar: Vento do norte á mañá e á tarde e do sur á noite, forza 6 a 7 á mañá, 4 a 6 á tarde e 1 a 3 á noite. Media vaga á mañá, forte marusía á tarde e mar ovellado á noite. Visibilidade boa á mañá e á tarde e regular á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 5 a 7 metros á mañá, 4 a 5 metros á tarde e 2 a 3 metros á noite.

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

  1. Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
  2. Praia de Balieiros directo- Corrubedo
  3. Praia da Ladeira directo- Corrubedo
  4. Praia das Furnas directo. Porto do Son
  5. Praia Aguieira directo.Porto do Son
  6. Portosín. Porto do Son
  7. Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
  8. Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
  9. Centro Náutico do Freixo
  10. Praia de Carnota
  11. Praia de Corón Vilanova de Arousa
  12. O Grove

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.