Villares pon en valor os proxectos sostíbeis e competitivos do sector pesqueiro e marisqueiro de Noia

17 Xaneiro 2025

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares realizou este venres 17 de xaneiro unha visita á lonxa de Testal, en Noia, onde loou o compromiso do sector mariñeiro e marisqueiro local a prol dunhas meirandes sustentabilidade, innovación e competitividade, compromiso para o que, segundo lembrou, contou co apoio da Xunta (máis de 516 mil euros). Villares, acompañado pola directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Marta Villaverde, sinalou que entre os proxectos que acadan financiamento autonómico está Naturanoia, que ten como finalidade a redución os impactos negativos ou contribuír aos impactos positivos sobre o medio ambiente. Outro é Formanoia 3 que promove as condicións para uns sectores da pesca, acuicultura e transformación economicamente viábeis, competitivos e atractivos fomentando o crecemento e emprego sostíbeis a través de accións formativas.

Tamén son beneficiarias dos apoios da Consellería do Mar un proxecto de mellora de seguridade na lonxa de Testal, actuacións destinadas á recuperación de bivalvos nos bancos areosos de Noia así como a dixitalización da confraría a través do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Costa Sostible. Para o titular de Mar, estas accións “amosan de xeito claro o compromiso do Goberno galego no apoio e reforzo do desenvolvemento e futuro do sector pesqueiro esencial na economía e creación de emprego no municipio”.

A presenza do responsable autonómico tamén serviu para manter un encontro co rexedor noiés, Santiago Freire, e o patrón maior da Confraría de San Bartolomé, Santiago Cruz, cos cales abordou as necesidades e actuacións pendentes na localidade. Así, sinalou que a dragaxe do porto de Testal está pendente do informe de Costas do Estado para completar a tramitación ambiental do proxectos. Tamén indicou que os traballos de mellora dos peiraos flotantes (pantaláns) deste recinto portuario, demandados polos profesionais, xa foron executados recentemente.

O conselleiro do Mar dixo que en 2024 “púxose de manifesto a recuperación da produción de bivalvos despois do episodio de alta mortaldade provocado pola baixa salinidade das augas a causa do episodio extraordinario de fortes choivas acontecidas no outono do 2023”. Engadiu que “o ano pasado rematou cun total de capturas destas especies de 500 toneladas, cinco veces máis que no ano anterior, e que alcanzaron un valor de 4,4 millóns de euros o que permitiu pechar o exercicio cuns ingresos de case 5,4 millóns de euros”.

Outros artigos

Sábado 8, unha borrasca traerá máis nubes e orballo a Galicia

Galicia quedará este sábado baixo a influencia dunha borrasca situada ao oeste, que achegará unha fronte cálida ao longo do día. A xornada comezará con intervalos de nubes e claros, pero as nubes irán en aumento, podendo deixar algúns orballos na fachada atlántica. As...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O forno de leña”. Luís Celeiro

“O forno de leña”. Luís Celeiro

Os daquela xeración que naceron antes dos anos sesenta do século pasado (moi lonxe e moicerca, ao mesmo tempo) lembran como se facía o pan de cada día nos fornos de leña. Decada día ou de cada mes. Lembran o pan prestado polo veciño e saben que se devolvía aococer,...