Sábado 25, marcado por chuvascos, frío e neve en cotas altas

24 Xaneiro 2025

Tras o paso dunha fronte durante a madrugada, Galicia quedará este sábado baixo a influencia dunha masa de aire frío, que deixará ceos parcialmente cubertos e precipitacións intermitentes ao longo da xornada. Os chuvascos serán máis frecuentes durante a mañá, con probabilidade de tormentas puntuais acompañadas de sarabia.

A cota de neve situarase entre os 900 e os 1.000 metros, polo que se agarda a aparición de neve nas zonas montañosas. As temperaturas experimentarán un moderado descenso, contribuíndo a un ambiente frío en gran parte da comunidade.

O vento soprará do suroeste, sendo frouxo no interior e moderado no litoral, pero cobrará intensidade a última hora do día, cando se esperan refachos fortes en todo o territorio.

meteogalicia

O NOSO MAR: Vento do suroeste forza 9 con intervalos de 10 cara á noite entr o norte das Rías Baixas e Sisargas.

Vento do oeste á mañá, do sudoeste á tarde e do sur á noite, forza 2 a 4 á mañá, 4 a 6 á tarde e 7 a 8 á noite. Marusía á mañá, forte marusía á tarde e vaga á noite. Visibilidade regular á mañá e á tarde e mala á noite. Mar de fondo do noroeste á mañá e á tarde e oeste á noite, con ondas de 4 a 5 metros á mañá e 3 a 4 metros á tarde e á noite.

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

  1. Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
  2. Praia de Balieiros directo- Corrubedo
  3. Praia da Ladeira directo- Corrubedo
  4. Praia das Furnas directo. Porto do Son
  5. Praia Aguieira directo.Porto do Son
  6. Portosín. Porto do Son
  7. Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
  8. Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
  9. Centro Náutico do Freixo
  10. Praia de Carnota
  11. Praia de Corón Vilanova de Arousa
  12. O Grove

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.