Os socialistas de Noia instan ao Concello da impulsar e reactivar o Museo do Mar

08 Xaneiro 2025

O PSdG de Noia, a través do seu voceiro Fran Pérez, emitiu un comunicado no que denuncia e critica a xestión levada a cabo polo Concello en relación ao Museo Mar de Noia, un proxecto que malia ter custado preto de 1 millón de euros “permanece pechado e sen prestar servizo a maior parte do tempo durante o ano”, sinalan os socialistas, engadindo que o actual proxecto do Museo do Mar de Noia foi executado en varias anualidades e en
dous proxectos, o primeiro deles, o proxecto de ampliación do inmóbel, con orzamento de 665.000 €, que recibiu do GALP unha subvención de 200.000 €, dos cales o 85% corresponden a fondos FEMP e fondos europeos. O segundo, Noia a voz do mar, mobilizou un orzamento de 209.000 €, que tamén recibiu subvencións do GALP, por importe de 183.515 €, tamén o 85% con fondos europeos. Os socialistas. malia todos estes recursos postos en xogo, din que o inmóbel “non cumpre cos seus obxectivos de funcionamento e servizo; e así, agás en determinados meses do ano, principalmente no verán, as instalacións fican pechadas a cal e canto día tras días, con esporádicas e puntuais aperturas, ou con motivo de visitas oficiais”.

No comunicado o PSOE local di que na memoria presentada para obter as axudas que finalmente foron concedidas fálase dun modelo de co-xestión do recurso, que textualmente indica: ”O museo será xestionado como ata a data pola Asociación do Museo do Mar, se ben contémplase a posibilidade de contratar no futuro a persoal se a demanda do museo así o require”. Os socialistas sinalan a respecto disto que este modelo “non chegou a producirse”. Ademais, critican que “as actividades previstas na memoria tampouco se están a levar a cabo coa intensidade que o investimento do proxecto implica”. Por outra banda, sinalan que na ficha en Google do Museo do Mar, unha das fontes de información máis importantes para calquera
visitante, indicase claramente: “Temporalmente cerrado”.

Por estes e outros motivos, a agrupación insta ao Concello de Noia a que “tome as medidas necesarias para poñer en funcionamento este recurso turístico, xustificando así o investimento realizado”, e convidan tamén aos organismos correspondentes a que “fagan as inspeccións necesarias para saber se se pode estar incumprindo algunha das condicións ou requirimentos baixo os que foron concedidas as axudas”.

Outros artigos

Proseguen os traballos de extinción do lume de Ribasieira (O Son)

Este martes 22 de setembro segue activo o lume forestal do concello de Porto do Son, orixinado e focalizado (polo de agora) na parroquia de Ribasieira, nun lugar de difícil acceso que pola súa complicada orografía e pola precariedade dos accesos motivou onte o...

+

Noia celebra un obradoiro básico e práctico de lingua galega

O Departamento de Normalización Lingüística do Concello de Noia pon en marcha unha nova actividade dirixida a persoas adultas interesadas en iniciarse no uso oral e escrito do galego: un obradoiro básico e práctico de lingua galega. A actividade formativa será de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.