Os empresarios de Ribeira sortearon os 5.000 euros da súa Campaña de Nadal (publicamos a listaxe de premiados e suplentes)

08 Xaneiro 2025

A Asociación de Empresarios de Ribeira compartiu no seu Facebook o listado de números premiados e suplentes da súa Campaña de Nadal. Fíxoo logo do sorteo de premios da Campaña efectuado na súa sede, este mércores 8 de xaneiro. Os premios teñen unha contía total de 5.000 euros, para repartir en vales de compra que deberán ser investidos no comercio local. Estiveron presentes no sorteo o presidente da asociación Francisco Martínez Gude, e representantes da Corporación municipal do Concello de Ribeira, xunto coa notaria de Ribeira Mª Covadonga Vázquez.

Na cita a patronal lembrou que as persoas agraciadas deben presentarse no local da Asociación co boleto premiado antes das 15:00h do 31 de xaneiro de 2025, e os suplentes antes das 19.30h do 10 de febreiro de 2025.

Os premios forman parte da Campaña de Nadal da Asociación de Empresarios, Comerciantes e Traballadores Autónomos de Ribeira, que ten o obxectivo de “motivar as compras nos establecementos do termo municipal e premiar a fidelidade do cliente”, obsequiándoo con boletos que lle darán opción a gañar os premios do sorteo.

Os premios que se sortearon son 5.000 euros en vales de compra repartidos en 51 premios.


Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.