O temporal Herminia levouse por diante o teito da Piscina de Noia

26 Xaneiro 2025

O temporal Herminia e os seus fortes ventos leváronse por diante este domingo 26 de xaneiro a cuberta da Piscina Municipal de Noia, arrincándoa da estrutura que termaba dela cos seus refachos de máis de 120 quilómetros por hora. O Concello, a través do alcalde Santiago Freire, fixo saber que o inmóbel xa foi acordoado e que nada máis desprenderse da estrutura que a suxeitaba os operarios municipais puxéronse mans á obra para apañar todo o material que puidera poñer en risco á veciñanza. Finalmente non houbo que malestar danos materiais. O Concello explicou nas redes que “debido aos desperfectos ocasionados polo temporal, a Piscina Municipal de Noia ficará pechada ata novo aviso; estamos a traballar para avaliar os danos e garantir a seguridade de toda a instalación”. Tamén se fixo saber que durante o tempo que duren os arranxos, non se cobrará a cota aos seus usuarios. “O máis importante é garantir a seguridade de todos, e agradecemos a vosa comprensión ante esta situación”, concluíu o Concello.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.