O Servizo de Orientación Laboral de Amicos logra un cento de insercións dos seus usuarios e usuarias no período 2023/24

08 Xaneiro 2025

Finalizado o 2024 é tempo de facer repaso do acontecido neste ano que rematou, así o fixeron dende a área de Emprego e Formación da asociación Amicos que continúa aumentando a prestación de apoio e asesoramento a persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social e laboral. Así, durante este ano 2024, o Servizo de Orientación Laboral que a entidade presta en colaboración coa Xunta de Galicia conseguiu achegar recursos e formación a máis de 450 persoas con discapacidade, ao tempo que realizou unha media de 1818 intervencións, nas provincias de A Coruña e Pontevedra.

Máis polo miúdo, en base aos bos datos desta anualidade, o departamento de emprego da entidade xa superou o número de insercións acadadas o pasado ano, ao acadar as 400. Sinalar que a finalidade deste equipo é a mellora da ocupabilidade e a inserción laboral das persoas en situación de desemprego, para o que combina accións formativas e de asesoramento ás persoas usuarias coa prospección e mediación coas empresas.

Segundo Rosa Agrelo, orientadora laboral da asociación: “nos últimos anos aumentaron as necesidades das persoas con situacións de maior precariedade, polo que debemos adaptarnos ás necesidades individuais de cada persoa. Para nós ten a mesma importancia comezar un itinerario de emprego novo como seguir traballando cunha persoa que xa conta cun iniciado, posto que o que buscamos é apoialas para que acaden un emprego de calidade”.

Pola súa banda, o tamén orientador de Amicos Pablo Penide fai fincapé en que: “dende Amicos asociámonos con empresas comprometidas socialmente para obter insercións satisfactorias para ambas partes. Desta maneira, o papel das empresas é vital no labor que desenvolvemos no programa e na asociación, posto que sen a súa colaboración e a súa sensibilidade co que facemos non sería posíbel acadar os bos datos dos últimos anos”.

Atendendo a isto, a Xunta renova o Servizo de orientación laboral de Amicos despois dos bos datos acadados neste período 2023/24, no que o equipo da entidade atendeu un total de 450 persoas, o que supuxo o aumento do 7% no número de persoas ás que se lles prestou apoio con respecto ao ano anterior, das cales 177 foron usuarias e usuarios con discapacidade intelectual. A maiores, acadáronse un total de 99 insercións laborais en empresas, o que foi posíbel grazas á mediación e á colaboración destas firmas.

A propósito deste servizo, Andrea Rey, representante de McDonald’s Rías Baixas, declarou que: “a nosa colaboración co servizo de Emprego de Amicos está resultando ser moi satisfactoria, posto que nos aportan candidaturas que se axustan moi ben ao tipo de perfís que buscamos para as distintas vacantes que adoitamos necesitar na zona do Barbanza”.

Dende a asociación, Keltoi Cameán, coordinador da área de Alianzas con Persoas e Empresas de Amicos, salientou que: “o gran reto deste ano 2024 foi redefinir a busca de emprego de persoas inactivas para encamiñala á consecución dun emprego”.

Outros artigos

A Volta de Gloria preséntase en FITUR

A Volta de Gloria, o primeiro itinerario cultural e paisaxístico circular baseado en dúas Rutas Xacobeas (o Camiño de Fisterra Muxía e o Camiño da Ría de Muros Noia), fixo a súa presentación este venres 24 de xaneiro oficial en FITUR, a feira turística estatal de...

+

Sábado 25, marcado por chuvascos, frío e neve en cotas altas

Tras o paso dunha fronte durante a madrugada, Galicia quedará este sábado baixo a influencia dunha masa de aire frío, que deixará ceos parcialmente cubertos e precipitacións intermitentes ao longo da xornada. Os chuvascos serán máis frecuentes durante a mañá, con...

+

Ambar anuncia as últimas prazas da Formación de Cociña e Pastelería

O 17 de febreiro comezará no Centro de Recursos da Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional a formación de Cociña e Pastelería dirixida a persoas con diversidade funcional.Os Requisitos para inscribirse son: Ter unha diversidade igual ou superior ó 33%....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

““Dictador perpetuo”. José Luis Calo Gonzalez

““Dictador perpetuo”. José Luis Calo Gonzalez

José Luis Calo González. Coordinador UCIN GaliciaQue é un real decreto “ómnibus” e cando recorren a el as administracións.Chámaselle así aos decretos lexislativos que agrupan diversas medidas oureformas de diferentes ámbitos, permitindo a súa aprobación conxunta,...