O noiés Manuel López Rodríguez, mención de honra no Certame de Poesía do Belén de Begonte

16 Xaneiro 2025

Reunido o xurado do XLIX Certame Galego de Poesía sobre o Nadal, convocado polo Centro Cultural José Domínguez Guizán de Begonte, formado por Xavier Rodríguez Barrio, escritor; Sara Blanco Díaz e María Jesús Blanco Díaz, da Comisión de Cultura do Centro convocante, e Xulio Xiz Ramil, presidente do Centro, que actúa como secretario, acordan premiar os traballos dos seguintes autores:

Premio Begonte de Poesía, dotado con 1.000€ e estatuíña de Sargadelos a José Torres Piñeiro (“José da Cruz Nova”), begontés residente na cidade de Lugo, polo conxunto de poemas O Nadal en Begonte.

Segundo Premio, dotado con 500€ e diploma, a Rafa Villar, de Cee, con domicilio en Bertamiráns (Ames), polo poema De dátiles e mel a noite.

Pola calidade do traballo, concédese unha Mención de Honra con diploma a Manuel López Rodríguez, de Noia (A Coruña), polo poema Melodía Complexa.

Os premios serán entregados o próximo 1 de febreiro, no decurso dos actos de clausura de O Nadal en Begonte.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.