O Grupo Licor Café sube ás táboas do Elma coa segunda das funcións da mostra de teatro afeccionado da Pobra

13 Xaneiro 2025

O público da Pobra poderá desfrutar dunha nova función ao abeiro da mostra de teatro afeccionado posta en marcha pola Concellaría da Cultura coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña. “Chegamos ao ecuador deste ciclo que busca outorgarlle un espazo a compañías amateur con moito talento, seguir desfrutando das artes escénicas e ofrecer citas culturais na nosa localidade”, explicou a edil Patricia Lojo.

O Grupo Licor Café, de Cabanas, levará a escena Rosenda, unha criada indecente! no domingo 19, ás 19.00 horas, no Teatro Cine Elma. A obra xira arredor de Rosenda; unha traballadora do fogar moi leal na casa dun respectable xuíz, na cal é moi apreciada ata que un día descobren que lle gustan moito os homes e dispóñense a despedila sen contemplacións. Coa axuda dunha amiga, Rosenda artellará un plan para evitar que a despidan.

A entrada é libre ata completar a cabida da dita instalación municipal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.