O Documento de Instrucións Previas centra unha xornada de AGADEA e o Concello de Rianxo

21 Xaneiro 2025

O Concello de Rianxo e AGADEA Alzhéimer organizan unha nova xornada formativa destinada a profesionais dos coidados e a atención das persoas con deterioro cognitivo. Desta volta o asunto a tratar será o Documento de Instrucións Previas, un documento que expresa a conformidade dunha persoa en relación á asistencia sanitaria, cando esta non pode expresar a súa vontade, fundamentalmente no final da súa vida. As persoas que teñen interese en acudir poden mandar un Whatsapp ao 622883139. Será o 12 de febreiro no Centro Sociocultural do Liceo, de 17.00 a 19.00 horas. Os contidos vainos impartir Ana Isabel Guillén Vilanova, xefa do Servizo de Traballo Social da Área Sanitaria de Santiago e Barbanza.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.