O Concello de Porto do Son ofrece de xeito gratuíto un Curso de Patrón/a de Embarcacións de Lecer para a obtención do PEL (o PER en castelán), dirixido a persoas maiores de 18 de anos. Desenvolverase entre o 11 de febreiro e o 13 de maio. Os contidos do curso serán: teoría de navegación, prácticas de navegación e prácticas de radio. As clases teóricas serán os martes, en horario de 19.00h a 22.00h, no Edificio de Actividades Náuticas de Porto do Son (na fachada marítima). As prácticas de navegación (16h) e de radio corto-alcance (12h) serán fixadas coas persoas participantes segundo dispoñibilidade.
O curso é totalmente gratuíto, tendo que asumir as/os participantes unicamente o custo do psicotécnico e a taxa de expedición do título oficial pola Xunta de Galicia. As persoas interesadas en participar deben enviar a folla de solicitude (máis a copia do DNI) ao enderezo electrónico jose.pazo@portodoson.gal. O prazo de solicitude estará aberto ata o 29 de xaneiro ás 14:00h. A asignación das prazas realizarase polo sistema de sorteo. Máis información na web municipal de Porto do Son.
