O Concello de Rois felicita a María Cruces Vilas polo seu 100º aniversario

21 Xaneiro 2025

.O Concello de Rois transmitiu os seus parabéns a María Cruces Vilas, veciña de Carrais, Herbogo, que este luns 20 de xaneiro celebrou o seu 100º aniversario rodeada da súa familia.

Con motivo desta destacada efeméride, o alcalde de Rois, Ramón Tojo Lens, e a concelleira de Cultura, Educación e Lingua, Victoria Quiroga Ramallo, visitaron a María no seu fogar para trasladarlle os parabéns en nome de todo o municipio. Durante a visita, fixéronlle entrega dun peregrino, unha felicitación institucional e un fermoso ramo de flores como mostra de recoñecemento e afecto.

María Cruces Vilas, que naceu en Bralo, Augasantas, o 20 de xaneiro de 1925, é a maior de sete irmáns. Na actualidade, vive en Carrais, Herbogo, onde casou e creou unha familia composta por 4 fillos, 7 netos e 7 bisnetos. Ao longo da súa vida, dedicouse aos labores do campo, da casa e ao coidado da súa familia, converténdose nun exemplo de dedicación e esforzo.

No encontro, a homenaxeada estivo acompañada pola súa irmá máis nova, Asunción, e outros membros da familia, que compartiron un momento entrañable con esta muller centenaria.

Desde o Concello de Rois, destacamos a importancia de celebrar estas datas tan especiais, que representan a memoria viva da nosa comunidade.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.