O Concello de Ribeira reforza cunha nova varanda a seguridade no parque infantil da rúa Castelao de Aguiño

13 Xaneiro 2025

O Concello de Ribeira continúa cos labores de renovación e mantemento dos parques infantís en tódalas parroquias do municipio. Ao abeiro desta liña de traballo, este luns 13 de xaneiro rematáronse os traballos de instalación dunha nova varanda no parque infantil da rúa Castelao de Aguiño. Durante as obras realizadas retirouse a anterior varanda e co inicio desta semana rematou a colocación dunha nova varanda de piñeiro con imprimación en sulfato de cobre e tratado en autoclave.

“Despois das obras na rúa Castelao, onde se retirou a varanda vella do parque, encargouse unha nova para cubrir todo o perímetro co obxectivo de reforzar a seguridade dos nenos e as nenas” manifestou o concelleiro de Obras, Xabier Vidal, engadindo que “o Goberno local seguirá progresivamente actuando en áreas infantís para garantir a seguridade destes parques de lecer, un aspecto crucial para o benestar dos nenos e nenas, creando un ambiente máis cómodo e agradábel para que a rapazada goce das actividades ao aire libre durante máis tempo”.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...