O Concello de Rianxo reparte composteiros entre a veciñanza

11 Xaneiro 2025

O Concello de Rianxo anunciou que ten dispoñíbeis composteiros para seren repartidos entre a veciñanza, que deberá contactar coa Administración local a través do 667 18 55 79 para facerse cun equipamento destas características.

Dende o Concello lembran que aproximadamente o 50% da bolsa do lixo é materia orgánica e que “favorecer que este tipo de residuos non acabe no colector supón diminuír o gasto enerxético do seu tratamento, así como un aforro para as arcas municipais”.

Durante o ano 2024 o Concello de Rianxo repartiu 125 composteiros domésticos entre todos os veciños e veciñas que os solicitaron e instalou cinco colectores orgánicos comunitarios en diferentes puntos da vila.

“Se as veciñas e veciños teñen un pequeno espazo verde ao redor da súa vivenda poden solicitar xa o seu composteiro doméstico e sumarse á iniciativa”, informou o Concello no seu chamamento á veciñanza, engadindo que “compostar é a forma natural de reciclar”.

Ademais, nas próximas semanas procederase coa implantación do colector marrón en diferentes puntos do municipio coa finalidade de dar cumprimento á normativa vixente na materia e seguir mellorando na xestión do lixo.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...