O compostelán centro Maruxa e Coralia acollará este sábado a xornada para docentes “Fai memoria”

15 Xaneiro 2025

O Centro Maruxa e Coralia, centro social do centro histórico de Santiago de Compostela, acollerá este sábado a xornada de formación para docentes Fai memoria, impulsada pola área de dereitos civís da Deputación que lidera a deputada de Outes, Soledad Agra. O obxectivo da iniciativa é  “aportar recursos, formación e información sobre memoria histórica, así como impulsar o intercambio de experiencias entre docentes”, sinalou Agra. As persoas interesadas en participar poden inscribirse a través do correo electrónico faimemoriaxornada@gmail.com.

Diferentes autoras explorarán a literatura como recurso para a memoria, centrándose no teatro, a novela, a poesía e o album ilustrado. Pilar Sampedro comezará presentando a guía Memoria Histórica na LIX galega. Posteriormente haberá unha mesa con Paula Carballeira, autora de As alumnas (Premio Nacional de Teatro) e Daniel no Peirao; Iria Morgade, autora de Quen escribirá a miña historia?, que falará sobre A memoria debuxada; Carme Vidal (O triángulo vermello, a historia de Mercedes Núñez), que impartirá a charla Pequena Memoria; Susana Aríns, sobre Poesía e memoria familiar: Seique, e Carmen García Facorro e Javier Castiñeira García, de Amorodio Teatro, que abordarán A memoria silenciada das irmáns Touza: A nai.

Experiencias de memoria nas aulas

Máis tarde, haberá unha mesa na que diferentes centros e asociacións compartirán experiencias sobre o tratamento da memoria nas aulas. Serán o IES plurilingüe Xosé Neira Vilas (A Coruña); o IES Sánchez Cantón (Pontevedra); a AC Alexandre Bóveda (A Coruña) e Feminismos no Tempo.

Xornada de tarde

Pola tarde, haberá un roteiro pola memoria das mulleres en Compostela a cargo de Encarna Otero; unha sesión sobre memorias invisibles con Daniela Ferrández (A historia da disidencia sexual galega) e Cristina López Villar (Mulleres pioneiras no deporte) e a exposición de Sinaladas. Represión e loita das mulleres no século XX, con Montse Fajardo, Beatriz Maceda e Eli Ríos.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.