O Arquivo da Emigración Galega pon na Rede fondos da asociación Hijos del Ayuntamiento de Boiro

23 Xaneiro 2025

O Arquivo da Emigración Galega, servizo do Consello da Cultura Galega (CCG) que pon a disposición da comunidade internauta fondos documentais das nosas entidades microterritoriais creadas na diáspora, achegou nesta recta final de xaneiro unha nova entrega do proxecto Memoria documental das sociedades da emigración galega. Trátase dunha colección de fondos da asociación Hijos del Ayuntamiento de Boiro, formada en Bos Aires (no 1931) por un grupo de emigrantes do concello do Barbanza comandados por Benigno del Río e co obxectivo de crear unha escola e unha biblioteca circulante para achegar a lectura a todos os veciños da súa terra natal.

A documentación que o Arquivo da Emigración Galega (AEG) vén de facer pública reflicte a historia dunha colectividade destacada da emigración galega na capital arxentina e que aínda está activa con nome Hijos del Ayuntamiento de Boiro.

O CCG salienta que actualmente, ademais das actividades recreativas, a entidade destaca pola súa actividade mutualista e benéfica coa creación dun Centro de Día para atender aos seus asociados, subministrándolles atención sanitaria e alimentos, ademais de asesoramento para a petición de pensións ou axudas do Goberno español e da Xunta.

Nesta entrega incorpóranse libros de actas, libros coas sinaturas dos socios, estatutos sociais, libro dos rexistros dos socios, contabilidade societaria, e correspondencia (recibida e enviada) de diferentes períodos comprendidos entre 1938 e 1946.

O AEG puxo en marcha en 2024 o proxecto Memoria documental das sociedades da emigración galega. A divulgación desta selección dos seus fondos é de periodicidade mensual, en cada entrega pendúranse na Rede os documentos xerados por estas institucións, nos cales constan libros de actas, regulamentos, correspondencia, memorias sociais, libros de contabilidade ou imaxes. A meta desta iniciativa é a de contribuír á súa preservación e facilitar a súa consulta.

Outros artigos

Sábado 8, unha borrasca traerá máis nubes e orballo a Galicia

Galicia quedará este sábado baixo a influencia dunha borrasca situada ao oeste, que achegará unha fronte cálida ao longo do día. A xornada comezará con intervalos de nubes e claros, pero as nubes irán en aumento, podendo deixar algúns orballos na fachada atlántica. As...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O forno de leña”. Luís Celeiro

“O forno de leña”. Luís Celeiro

Os daquela xeración que naceron antes dos anos sesenta do século pasado (moi lonxe e moicerca, ao mesmo tempo) lembran como se facía o pan de cada día nos fornos de leña. Decada día ou de cada mes. Lembran o pan prestado polo veciño e saben que se devolvía aococer,...