Os Reis Magos visitarán toda a comarca do Barbanza e Boiro non ía ser unha excepción. Poñendo o foco na axenda real, este domingo celebrarase no dito concello a tradicional Cabalgata de Reis, que sairá ás 17.45 horas da Magdalena cara a vila de Boiro para logo volver a Escarabote. Para a chegada das Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente haberá preparada na praza de Galicia unha gran chocolatada e animación musical a cargo de DJ Matrek a partir das 18.00 horas. A zona sen ruído e sen luces estará na rúa Principal, no tramo comprendido entre a avenida de Compostela e a rúa Salvador Allende. Haberá tirada de bombas de palenque para anunciar a saída dos Reis e espectáculo pirotécnico na praza de Galicia e tamén na chegada a Escarabote. As actividades están organizadas pola Asociación Comisión Parroquial de Santiago de Lampón coa colaboración do Concello de Boiro.




