Barállase a posibilidade de que o cadáver atopado na praia da Arnela corresponda a unha muller desaparecida en Portugal

07 Xaneiro 2025

Este luns 6 de xaneiro, tal e como informamos dende O Barbanza, foi localizado na praia da Arnela o corpo sen vida dunha muller, sobre as 14.00 horas, logo de que un particular que paseaba pola pasarela de madeira costeira do concello sonense dera aviso ao 112 Galicia tras atopar o cadáver, que se achaba en avanzado estado de descomposición e fortemente mancado polo bater do mar, sobre a area.

Logo de que a Garda Civil iniciase a investigación para esclarecer os feitos, barállase a posibilidade de que a forte ondada e as mareas vivas desta recta final do Nadal trouxeran o corpo, correspondente a unha muller de entre 50 e 60 anos, dende o norte de Portugal.

A principal hipótese indica que se trataría dunha muller natural de Venezuela desaparecida hai uns días na localidade lusa de Esposende.

As primeiras investigacións realizadas indican que, malia que o corpo non presentaba documentación algunha nin aveños persoais de ningún tipo que contribuísen a determinar a súa identidade, a muller, pola súa complexión e polas características das roupas de deporte que levaba, podería tratarse da persoa desaparecida en Portugal, e máis tendo en conta que tanto nesta época, coma noutras épocas do ano, as correntes oceánicas, con ventos predominantes do sur-suroeste, favorecen o achado o noso litoral de restos procedentes do país veciño.

A autopsia levarase a cabo este martes 7 de xaneiro e permitirá coñecer as causas e o tempo que a falecida leva morta.

Imaxe da CRTVG obtida no estacionamento da praia da Arnela, en Porto do Son

Outros artigos

Falece un home tras ser atropelado en Cee

Un home faleceu esta mañá tras ser atropelado na VG-1.4, ao seu paso pola parroquia de Toba, en Cee. O accidente produciuse no quilómetro aproximado 4 da vía. Un particular contactou co 112 Galicia ás 07:45 horas para informar do atropelo. Segundo indicaba, a vítima...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.