As persoas maiores de Rianxo contribúen a un proxecto europeo que busca combater o deterioro cognitivo con música

27 Xaneiro 2025

O centro terapéutico para a atención de persoas maiores con deterioro cognnitivo localizado no Liceo Marítimo de Rianxo participa no proxecto EUTERPE_adn, o cal busca explorar o impacto terapéutico da música en persoas maiores e nas que presentan deterioro cognitivo e dano cerebral. Segundo informou o Concello, no marco deste proxecto leváronse a cabo a semana pasada unha serie de actividades coas persoas participantes do proxecto, usuarias do centro, que contribuíron con mostras ao desenvolvemento da iniciativa.

Este proxecto recibiu un millón de euros de financiamento a través do programa Interreg POCTEP e con el preténdese afondar na investigación sobre a relación molecular que existe entre os xenes e os estímulos externos.

No proxecto o Concello de Rianxo participa da man da asociación AGADEA Alzhéimer.

EUTERPE_adn, acrónimo que fai referencia tanto á musa grega da música como á xenética, ten o seu radio de acción principal na eurorrexión de Galicia e o Norte de Portugal, onde acomete desafíos comúns como o envellecemento, o despoboamento e a exclusión social. Ao aproveitar o poder terapéutico da música, o proxecto busca mellorar o benestar e a calidade de vida de persoas con demencia/alzhéimer ou dano cerebral, así como en persoas maiores.

En colaboración coa Universidade do Minho, o consorcio combina a experiencia en investigación biomédica coa terapia musical.

Ao abeiro deste proxecto, traballan conxuntamente asociacións e entidades como a Casa da Música do Porto, a Asociación Músicos ao Vivo, Asociación de Dano Cerebral de Compostela (SARELA), a Asociación Galega de axuda aos enfermos con demencia tipo Alzhéimer (AGADEA), a Santa Casa da Misericordia de Porto e a Associação Portuguesa de Familiares e Amigos de Doentes de Alzhéimer.

A iniciativa non só busca fomentar a interacción social e a medicina personalizada a través da terapia musical non farmacolóxica, senón que tamén representa, en palabras das entidades impulsoras, un esforzo pioneiro para abordar desafíos sociais mediante a xenómica e a neuro-psicoloxía xuntas.

Trátase dun estudo lonxitudinal de máis de 60 sesións e con cinco recollidas de mostras biolóxicas e avaliacións neuropsicolóxicas.

Estas recollidas estanse a desenvolver en tres centros da Asociación Galega de axuda aos enfermos con demencia tipo Alzhéimer (AGADEA) en Vedra, Rianxo e A Estrada, e na sede de Asociación de Dano Cerebral de Compostela (SARELA) en Santiago de Compostela. En Portugal, realízase en dúas residencias da Santa Casa da Misericordia do Porto e na Casa da Memoria de Mim de Matosinhos (Associação Portuguesa de Familiares e Amigos de Doentes de Alzhéimer).

O proxecto ten unha duración de tres anos, e tras a programación musical, o deseño dos protocolos biomédicos, o recrutamento de participantes e a primeira avaliación neurospicolóxica, comezou a recollida das mostras biolóxicas (sangue a través dunha pequena punción capilar nun dedo, e saliva a través dun frote bucodental). O estudo culminará coa publicación dos resultados, así como os materiais utilizados, e un Libro Blanco.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.