Alberto Barciela, recibe a Medalla do Centenario do Turismo Español

24 Xaneiro 2025

NEXOTUR PREMIA ALBERTO BARCIELA COA MEDALLA DO CENTENARIO DO TURISMO ESPAÑOL
O xornalista, membro da Mesa do Turismo de España e asociado da FARTVE e colaborador de O Barbanza, Alberto Barciela, foi distinguido en Madrid como un dos Protagonistas do Turismo de España e Iberoamérica nunha homenaxe ante máis de tres centenares de invitados á Cea de Gala do celebración do Centenario do Turismo Español.

A cerimonia, na que participaron máis de 300 representantes do máis alto nivel do Turismo internacional, empresarios, presidentes de Asociacións, ministros, embaixadores etc., tivo lugar a noite do martes, 21 de xaneiro de 2025, no Novotel Madrid, enmarcada nos actos Pre FITUR, que complementan ao Congreso Iberoamericano de Ministros e Empresarios de Turismo organizado por NEXOTUR.

“A mellor forma de celebrar esta efemérides”, recoñecía Eugenio de Quesada, presidente do Grupo NEXO e de CIMET durante a súa intervención, “é rendendo a homenaxe que os homes e mulleres do mundo da viaxe española que ben o merecen e protagonizaron a gran historia da primeira industria do país, facendo expreso o recoñecemento público».

A Feira Internacional de Turismo de Madrid FITUR 2025 que se inaugura hoxe preséntase con 156 países (once máis que hai un ano), 101 representacións oficiais (cinco máis), o que supón un aumento de 500 empresas participantes, ata as 9.500.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...