A Xunta enxalza o labor dos Clubs de Lectura das bibliotecas escolares galegas, presentes en Muros, Ribeira e Porto do Son

17 Xaneiro 2025

Un total de 458 centros escolares, desenvolven Clubs de Lectura nas súas bibliotecas durante este curso, unha iniciativa para cal a Xunta destina un total de 400.000 euros, o que supón un aumento do 11% tras a incorporación de 47 novos centros. A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, subliñou este venres dende Marín que “estes datos corroboran a“boa acollida entre a comunidade educativa deste programa que medra ano a ano”. Fernández visitou esta mañá o Colexio de Ardán, en Marín, un dos 458 centros que xa teñen implantado o programa, onde puido comprobar de primeira man o gran dinamismo do seu Club de Lectura. Judith Fernández subliñou que a través deste programa impúlsase unha “aprendizaxe multidisciplinar”, onde se consolidan os hábitos lectores, se fomentan as competencias básicas do alumnado como a comunicación lingüística social, cultural ou artística, así como o traballo en equipo e o diálogo interxeracional ao estaren abertos á participación das familias.

Por provincias, 171 dos centros integrados no programa son da Coruña (19 de nova incorporación este curso), 65 de Lugo (sete novos), 54 de Ourense (catro novos) e 168 de Pontevedra (17 novos). Cada un deles ten asignada unha contía de entre 500 e 1.230€, en función do tipo de centro e do proposta presentada, para destinar fundamentalmente á adquisición de libros para as actividades do club, que pasarán posteriormente aos fondos da biblioteca escolar, así como para gastos derivados do funcionamento do club.

Pola nosa comarca, forman parte deste rede o IES As Insuas (Muros), o CEIP de Portosín (Porto do Son) e o CIFP de Coroso, en Ribeira.

Este programa, xunto co Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE), Biblioteca Creativa, Radio na Biblio, Lectura e familias, Bibliotecas Escolares Solidarias e outras accións, enmárcase no Plan LÍA (Lectura, Información, Aprendizaxe), a folla de ruta da Consellería de Educación neste campo.

Segundo explicou Fernández, “poñer en marcha un club de lectura nun centro educativo consiste, basicamente, en promover a participación dun grupo de alumnado para compartir as súas experiencias lectoras, coa mediación dun adulto que conduza todo o proceso”. Engadiu que estes clubs de lectura, cuxo espazo natural son as bibliotecas escolares, vense enriquecidos polo emprego das Tecnoloxías da Información e a Comunicación, as TIC, que contribúen á lectura en diversos soportes, permiten introducir as narrativas transmedia e facilitan a difusión de actividades, así como pola participación de adultos da comunidade educativa que propician o intercambio de experiencias interxeracionais.

Outros artigos

Sábado 8, unha borrasca traerá máis nubes e orballo a Galicia

Galicia quedará este sábado baixo a influencia dunha borrasca situada ao oeste, que achegará unha fronte cálida ao longo do día. A xornada comezará con intervalos de nubes e claros, pero as nubes irán en aumento, podendo deixar algúns orballos na fachada atlántica. As...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O forno de leña”. Luís Celeiro

“O forno de leña”. Luís Celeiro

Os daquela xeración que naceron antes dos anos sesenta do século pasado (moi lonxe e moicerca, ao mesmo tempo) lembran como se facía o pan de cada día nos fornos de leña. Decada día ou de cada mes. Lembran o pan prestado polo veciño e saben que se devolvía aococer,...