A mostra de teatro afeccionado da Pobra leva ao Elma tres funcións

07 Xaneiro 2025

As artes escénicas regresan ao Teatro Cine Elma da Pobra cunha nova mostra de teatro afeccionado. Tres compañías subirán ás táboas ao longo de todo o mes de xaneiro ao abeiro deste ciclo organizado pola Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña. Todas elas serán aos domingos, ás 19.00 horas, e o acceso é de balde ata completar a cabida.

“Comezamos este 2025 con moita vitalidade cultural coa inauguración dunha exposición pictórica na pasada fin de semana e agora dámoslle a benvida a unha nova edición da mostra de teatro afeccionado. Ademais, nesta semana teremos a proxección dunha nova longametraxe dentro dos Venres de cine. A dramaturxia xoga un papel fundamental na nosa dinamización cultural para o outono/inverno dada a boa acollida por parte do público. Se ben traemos compañías de renome, con este ciclo pretendemos servir tamén de escaparate do talento daquelas de carácter amateur”, en palabras da concelleira da Cultura, Patricia Lojo, xunto coa técnica municipal desta área, Fita Sanisidro.

A Asociación Cultural Charamela, de Melide, inaugurará o cartel no día 12 con Quen o diría! A obra trata dun home que quere mudar de vida e convence aos seus dous mellores amigos para que fagan este cambio con el. Consígueo e involucran a unha persoa influínte para que lles axude, levando ao público por situacións moi cómicas, imperando así a risa durante o transcurso da representación.

No día 19 será a quenda de asistir a Rosenda, unha criada indecente!, de Grupo Licor Café, de Cabanas. A obra xira arredor de Rosenda; unha traballadora do fogar moi leal na casa dun respectable xuíz, na cal é moi apreciada ata que un día descobren que lle gustan moito os homes e dispóñense a despedila sen contemplacións. Coa axuda dunha amiga, Rosenda artellará un plan para evitar que a despidan.

E Teatro das Maniotas, do IES Brión, volve á localidade para pechar o ciclo no día 26 con Ibáñez Cabaré. Aquí introdúcese a historia de Mario Montoro, quen morre á saída do seu traballo no cabaré e todo o mundo está seguro de que foi María, a súa parella. Pero as dúas policías encargadas do caso non se aclaran coas pistas e non son quen de resolver a investigación. Ao mesmo tempo, os traballadores e traballadoras do cabaré fan as súas pescudas e conviven coa presunta asasina, mentres bailan e cantan cos distintos personaxes que homenaxean ao gran Ibáñez nunha explosión de cor e música.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.