A maioría das terrazas hostaleiras de Ribeira carecen de licenza municipal

02 Xaneiro 2025

O último informe da Policía Local de Ribeira, fai constar que actualmente 78 establecementos hostaleiros ofrecen servizo na vía pública. A maioría destas terrazas están a operar sen a debida regularización. Durante as inspeccións realizadas, os axentes constataron que só 20 terrazas dispoñen de licenza municipal, e destas, unicamente cinco cumpren estritamente coas condicións establecidas nos permisos concedidos. Isto inclúe respectar o número de mesas, cadeiras e toldos autorizados.

Para facilitar o proceso de regularización, o Concello de Ribeira puxo ao dispor dos hostaleiros, os formularios necesarios para solicitar o permiso municipal. Este modelo tamén contempla a posibilidade de realizar modificacións nas licenzas xa concedidas, como aumentos ou reducións no número de mesas e cadeiras, ou a instalación de novos elementos, como antucas ou toldos.

A Policía Local lembra que o artigo 41, letra b, da Lei 9/2013 de emprendemento e competitividade económica de Galicia, esixe contar cunha licenza municipal ou autorización autonómica para instalar terrazas na vía pública. Subliñan que non basta con presentar unha solicitude, declaración responsable ou comunicación previa, como ocorre noutras actividades comerciais, senón que é imprescindible esperar a que a administración, neste caso o Concello, conceda a licenza correspondente.

O cumprimento destas normativas é fundamental para garantir a orde nos espazos públicos e evitar sancións aos hostaleiros. As autoridades instan os propietarios a regularizar a súa situación canto antes.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...