A humanización dos rueiros de Nebra, finalista Open Call da 19º Exposición Internacional de Arquitectura na Bienal de Venecia

15 Xaneiro 2025

Porto do Son comezou o ano con novos recoñecementos urbanísticos e arquitectónicos, que sumar a iniciativas como a remodelación da fachada marítima sonense ou a Surf House de Miñortos e que engadir a proxectos acabados de estrear como o Club de Xubilados. Agora os especialistas en novos e sustentábeis xeitos de construír e deseñar vilas e cidades poñen o foco no núcleo de Nebra, cuxa recuperación-humanización levada a cabo por José Carlos Seoane González foi nomeada finalista da Open Call na 19º Exposición Internacional de Arquitectura na Bienal de Venecia. Foi o único proxecto seleccionado dun total de 32 finalistas de toda España,

Na actuación levada a cabo na contorna da igrexa de Santa María destacan “a recuperación do carácter orixinal do lugar e a mellora da accesibilidade dos camiños”. A intervención pretendeu rescatar o carácter orixinal, a través do debuxo xeométrico do curso da auga por medio da rúa, deseñado a través de métodos construtivos artesanais por artesáns locais.

Entre os traballos executados no lugar, salienta tamén a renovación da pavimentación da contorna con empedrado de granito silvestre e a mellora da accesibilidade dos seus espazos públicos, adaptándoos así ás necesidades actuais da poboación.

Ademais, levouse a cabo a canalización da rede eléctrica e de telecomunicacións, e colocáronse varandas e pasamáns de aceiro inoxidable en puntos con maior dificultade por mor das pendentes existentes.

O alcalde de Porto do Son, Luis Oujo, quixo trasladar “os parabéns a José Carlos Seoane por este recoñecemento que sitúa a Porto do Son no mapa a nivel internacional e pon en valor a humanización dunha zona que busca conceder protagonismo aos peóns e recuperar a orixinalidade e singularidade do lugar de Nebra”.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.