Porto do Son inaugura o novo edificio do Club de Xubilados

10 Xaneiro 2025

A nova sede atópase na dársena portuaria da fachada marítima, acondicionada ao abeiro do convenio asignado entre Portos de Galicia e o Concello de Porto do Son.

O alcalde de Porto do Son, Luis Oujo, foi o encargado de inaugurar na tarde de hoxe o novo edificio que albergará o Club de Xubilados do municipio, un lugar de encontro e reunión para as persoas maiores relacionadas co mundo marítimo.

Ao acto tamén acudiron Manuela Santiago Pouso, presidenta do Club de Xubilados; María José Maroñas Sóñora, tenente de alcalde; Magdalena Pérez
Millares, concelleira de Persoal; Juan José Calo Miranda, concelleiro de Medio Ambiente; Carlos Lorenzo Blanco, concelleiro de Deportes e Xuventude e Alicia Martínez Maneiro, concelleira de Cultura.

A sede do club atópase na dársena portuaria da fachada marítima, acondicionada ao abeiro do convenio asignado entre Portos de Galicia e o
Concello de Porto do Son, no ano 2018, e que recibiu, entre outros, o Premio Europeo del Espacio Público Urbano 2024. Neste edificio tamén estará emprazado o Club Náutico, que terá outra entrada independente.

O novo complexo consta dunha edificación de andar baixo, duns 600 metros cadrados. Está formado por dous bloques de acceso independente pero
conectados, de 300 metros cada un aproximadamente.


No discurso de inauguración, o rexedor destacou que “hoxe celebramos un espazo que non só é un lugar de encontro, senón un fogar onde os nosos
maiores poderán desfrutar de actividades, compartir historias e, sobre todo, fortalecer os lazos de amizade e compañeirismo”.

Tamén, este local conta con cafetería, oficinas, salón de actos, e un completo equipamento mobiliario, solicitado polo Concello e financiado a través dunha subvención concedida pola Asociación de Desenvolvemento Local Deloa.

“Aproveito esta ocasión para convidar a todos os xubilados de Porto do Son a que se acheguen, participen e fagan deste club un lugar vibrante e cheo de vida. En días coma hoxe demostramos que xuntos e xuntas podemos construír unha comunidade máis unida, máis solidaria e máis comprometida cos nosos maiores”, engadiu o alcalde.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.