A reforma do bordo portuario de Porto do Son, premiada na Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo

25 Setembro 2023

A reforma do bordo portuario da vila de Porto do Son, impulsado polo Concello e a Xunta para devolver á localidade o seu estreito e histórico vencello co mar ao tempo que se engadiron importantes elementos de humanización e reforma de materiais e infraestruturas, vén de obter un importante recoñecemento: o Premio da Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo, XVI edición. O proxecto foi desenvolvido por Juan Creus e Covadonga Carrasco e r v r arquitectos (Marcial Rodríguez, José Valladares e Alberto Redondo).

O xurado da Bienal salientou os recursos despregados neste proxecto para recuperar o que se perdeu no proceso de incorporación, ao longo do tempo, de recheos e novos edificios, o que levou, sen a debida configuración urbana, á perda de identidade do antigo porto. “Apareceron elevados bloques de vivenda e unha presenza dominante do coche, que condicionou e acaparou gran parte da superficie do espazo urbano orixinario”, sinalou o xurado, engadindo que “a difícil convivencia entre tráfico portuario e cidadán, sumada ao aparcamento masivo e a crecente actividade comercial deste lugar emblemático, de 25 843 m2, motivou a transformación de Porto do Son”.

Así, “a contorna e a praia do Cruceiro foron recuperadas como espazo de entrada e suxeridas como miradoiro arborizado, o muro de contención aproveitouse como paseo e a urbanización resultante, pautada en pavimentación e masas arbóreas, facilita agora novos usos e novos significados a un espazo onde dialogan o formigón devastado, a pedra e a terra, ao que se suman chanzos, bancadas e balcóns”. O xurado tamén salientou a recuperación, preto do mercado, “dunha estrutura de postes e trabes de madeira que devolve a memoria dos secadoiros de redes como soporte de actividades cidadás, desde cinema e exposicións a concertos, mercado e outras futuras”.

Tamén se pon o foco nas dúas grandes superficies que complementan a festa (unha libre, de pedra, e outro arboredo, sobre terra), no paseo do bordo, no novo club náutico e no miradoiro cara ao monte Louro e a ría Muros-Noia.

A bienal é unha iniciativa do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana en colaboración co Consello Superior de Arquitectos de España e a Fundación Arquia. Nesta ocasión o lema elixido foi Me-dio Pla-zo, en alusión a que “neste presente onde superamos diversas situacións de crises, a arquitectura, ademais de dar respostas eficientes ás necesidades de hoxe, pode indagar nas inquietudes do mañá”.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.