A Deputación presentará en FITUR a súa nova campaña de turismo

17 Xaneiro 2025

O salón FITUR, referente turístico estatal e internacional, será o escenario de presentación da nova campaña de promoción turística da Deputación da Coruña, nun acto previsto para o mércores 22 ás 14h, e que contará tamén co protagonismo da Vía Verde Compostela-Tambre-Lengüelle. O vicepresidente e deputado de turismo, Xosé Regueira, e o deputado e coordinador da Asociación Concellos da Vía Verde, Antonio Leira, serán os encargados de expoñer estes dous grandes eixos da entidade provincial na Feria Internacional de Turismo que se celebrará en Madrid do 22 ao 26 de xaneiro.

Regueira adiantou que FITUR “marcará un fito moi importante, pois alí lanzaremos a nosa nova campaña de turismo que pon o foco na gastronomía e no territorio”. Neste sentido, sinalou que está “perfectamente aliñada coa nosa estratexia de turismo sostíbel, que promove a preservación do medio e a mellora socioeconómica da contorna poñendo o foco na gastronomía e nos produtos locais como impulsores deste turismo de calidade”. Apuntou.

Outro dos proxectos protagonistas en FITUR será a Vía Verde Compostela-Tambre-Lengüelle, “a maior de Galicia en canto a extensión e unha das máis extensas da península” explicou Leira, que será presentada aos diferentes axentes que compoñen o ecosistema do sector turístico a través do programa Deportistas na Vía, no que deportistas coruñeses de elite, como Iván Raña, actuarán como embaixadores para atraer a novos públicos interesados no turismo activo e o deporte. Ademais, o presidente da Asociación de Concellos da Vía Verde, Alexander Doval, será o encargado de poñer en valor o destino como un novo atractivo que potenciará a dinamización socioeconómica nos concellos polos que transcorre a vía e as súas contornas.

Outros artigos

Sábado 8, unha borrasca traerá máis nubes e orballo a Galicia

Galicia quedará este sábado baixo a influencia dunha borrasca situada ao oeste, que achegará unha fronte cálida ao longo do día. A xornada comezará con intervalos de nubes e claros, pero as nubes irán en aumento, podendo deixar algúns orballos na fachada atlántica. As...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O forno de leña”. Luís Celeiro

“O forno de leña”. Luís Celeiro

Os daquela xeración que naceron antes dos anos sesenta do século pasado (moi lonxe e moicerca, ao mesmo tempo) lembran como se facía o pan de cada día nos fornos de leña. Decada día ou de cada mes. Lembran o pan prestado polo veciño e saben que se devolvía aococer,...