A Deputación destina 880.418,11 euros aos concellos do Barbanza para reforzaren os seus servizos sociais

15 Xaneiro 2025

A Deputación da Coruña destina 7 millóns de euros para reforzar os servizos sociais dos concellos. Faino a través do POS Social, a achega adicional do Plan Único destinada a financiar os gastos sociais extraordinarios dos concellos, que estes días aprobáronse nos plenos dos municipios da provincia, xa que o prazo de solicitudes remata este 15 de xaneiro.

Para os concellos do Barbanza a institución provincial destina 880.418,11 euros.

Os fondos do POS Social serán destinados por cada concello a financiar as súas necesidades específicas no eido das políticas sociais: contratación de persoal técnico e administrativo adscrito aos servizos sociais municipais, axudas para persoas maiores e familias en risco de exclusión social, ampliación do servizo de axuda no fogar ou servizos como xantar na casa, reforzo dos programas municipais de respiro familiar, conciliación ou envellecemento activo, reforzo das axudas para persoas sen fogar ou axudas económicas para fogares en situación de pobreza enerxética son algúns dos conceptos que poden ser financiados con estes fondos para gasto social incluídos no Plan Único.

Entre os investimentos aprobados polos concellos este ano con cargo ao POS Social hai programas de envellecemento activo, servizos municipais de atención a urxencias sociais, programas de vivenda para familias vulnerables ou servizos de apoio escolar para alumnado con especiais dificultades ou en risco de exclusión social.

Plan Único Social 2025 na comarca do Barbanza (por concellos)

Boiro

111.318,46

Carnota

51.398,67

Lousame

57.303,22

Mazaricos

94.905,60

Muros

70.164,19

Noia

75.785,46

Outes

73.588,48

Pobra do Caramiñal (A)

56.932,98

Porto do Son

82.649,33

Rianxo

72.359,35

Ribeira

134.012,37

TOTAL

880.418,11

Outros artigos

Ribeira organiza unha charla sobre compostaxe doméstica e comunitaria

O Concello de Ribeira organiza a charla Compostaxe doméstica e comunitaria, unha actividade que busca achegar á veciñanza as claves para transformar osresiduos orgánicos en compost e darlles unha segunda vida. A cita será o mércores 21 de outubro, ás 19:30 horas, no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.