Xa podemos votar na Rede pola Palabra Galega de 2024

11 Decembro 2024

Dende o ano 2014 o Portal das Palabras convida a todas as persoas que o desexen a participar na escolla da Palabra do Ano. Deste xeito, logo da fase de recolla de suxestións, a Real Academia Galega (RAG) e a Fundación Barrié abren este mércores 11 de decembro a fase da votación popular que decidirá cal é a Palabra do Ano 2024. Neste ano as elixidas son: aparvar(se), cantareira, dina, emerxencia climática, fala e meu ou miña.

Estes son os vocábulos finalistas que apelan de distinta maneira a temas que marcaron a actualidade dos últimos meses. A votación telemática permanecerá aberta até as 23:59 horas do 25 de decembro a través do Portal das Palabras.

A xeito de curiosidade dicir que nas edicións anteriores foron elixidas: cibercarracho (2023) comadre (2022), tanxugueiras (2021), nós (2020), sentidiño (2019), deseucaliptización (2018), afouteza (2017), irmandade (2016), refuxiado/-a (2015) e corrupción (2014).

Indo ás palabras as candidatas deste 2024, o termo aparvar(se), xorde da crecente preocupación polos efectos do consumo excesivo de contidos nas redes sociais, as análises sobre esta tendencia global están a xerar neoloxismos (a miúdo préstamos do inglés), pero o vocabulario patrimonial achega solucións como o caso do verbo aparvar(se): ‘quedar parvo ou sen capacidade de discorrer’, na forma intransitiva, ou ‘pór coma parvo, deixar sen capacidade de discorrer a [alguén]’, na transitiva. Conta con varios sinónimos tamén ben expresivos como: atrosmarse, emparvecer ou parvear.

A fase de recolla de suxestións deixou propostas variadas que soan xa ás Letras Galegas 2025. Entre elas salienta o substantivo que designa ás protagonistas da celebración adicada á poesía popular oral, as cantareiras, as mulleres que cantan e crean cantigas populares. Palabra polisémica, soa igualmente moi ben nas acepcións que ten como adxectivo: ‘que sabe cantar ou é afeccionado/-a ao canto’ e ‘que emite un son agradábel e melodioso’.

Outra das palabras finalistas é dina, un concepto que non se poderá esquecer, substantivo formado a partir do acrónimo da locución depresión illada en niveis altos. As siglas escríbense en principio con maiúsculas e sen punto, mais cando o seu uso se fai moi frecuente acaban converténdose en unidades lexicalizadas, como aconteceu con este termo por mor da devastadora dina que sufriu especialmente a Comunitat Valenciana o pasado novembro.

Outra palabra que xorde por mor dos fenómenos atmosféricos extremos é: emerxencia climática. Estoutra candidata á Palabra do Ano 2024 alerta das graves consecuencias do cambio climático para todo o planeta e chama á acción colectiva para frealo.

O substantivo fala, fíxose un oco entre as candidatas a causa da preocupante situación da lingua galega. Coa súa sinxeleza e rotundidade, a voz popular que designa a “lingua natural propia dunha comunidade humana” funciona en Galicia como sinónimo pleno do idioma propio do país. Fala define ademais a “facultade de falar” e resume un desexo positivo para a nosa fala no 2025.

E seguindo coa oralidade, outra verba das que resultaron finalistas é: meu, ou miña, como alternativa de noso ao anglicismo *bro, apócope de brother (‘irmán’). Este posesivo ten un uso tradicional oral, sen artigo, en exclamacións ou vocativos que buscan implicar ao receptor na conversa, denotando familiaridade e proximidade afectiva. Xera así expresións como Que me dis, meu? ou Miña, imos á festa?, semellante ao emprego de ho! ou, cun uso cinguido a territorios máis concretos, né ou ché.

Engadir que o Portal das Palabras é o proxecto da RAG e a Fundación Barrié para a modernización do traballo lexicográfico e a divulgación da nosa lingua. Cada semana achega xogos e outros contidos divulgativos que conectan o léxico galego coa realidade cotiá e a actualidade dun xeito ameno. A palabra do día é outra das seccións deste espazo aberto ao diálogo coas persoas usuarias.

Dentro das iniciativas compartidas para a difusión da lingua, a RAG e a Fundación Barrié, ademais do Portal das Palabras ofrecen ao público o Ximnasio Léxico, unha aplicación de xogos do Dicionario, dispoñíbel para dispositivos Android e iOS.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.